A Billarda: un xogo galego…

… que non coñece límites xeográficos.

[Traducción a Castellano]

O 9 de agosto de 2010 celebrouse o primeiro torneo aberto de billarda en Bolivia, a máis de tres mil metros de altitude sobre o nivel do mar. O municipio chámase Sorata, e a comunidade San Isidro. Situados no departamento de La Paz.

Xan golpea a billarda

Xan golpea a billarda

Aproveitando o programa de Vacacións Solidarias que organiza Solidaridade Internacional, un dos nosos compañeiros da LNB desprazouse a Bolivia para estar cerca dun mes coñecendo o proxecto que financia a ONG española con delegación en Galicia.

Nas fotos que puidemos recoller do acontecemento mundial vese a precariedade de medios, pero tamén se aprecia a versatilidade desde deporte tradicional galego, que se adapta a calquera terreo e ferramenta de xogo.

Miguel toma vantaxe

Miguel toma vantaxe

Disputaron a final a cinco, a unha única carreira, cinco palanadores: Miguel Castro (Lago, Valdoviño), Oscar Núñez (Lugo), Xan Rodiño (Sanxenxo), Adan Pari (Oruro, Bolivia) e Guillermo Ortega (Beni, Bolivia). Despois dunha saída discreta de todos os palanadores, Xan colle una lixeira vantaxe no segundo golpe, que iguala Miguel e incluso supera nuns centímetros.

Guillermo innovando cunha botella

Guillermo innovando cunha botella

Óscar prepárase baixo a atenta mirada de Adán e Xan

Óscar prepárase baixo a atenta mirada de Adán e Xan

Por detrás, Oscar e Guillermo pugnan pola terceira praza, mentres Adán ten dificultades para golpear con contundencia a billarda. Despois do quinto golpe a distancia entre as billardas acúrtase, e xa non está tan claro o primeiro e segundo posto. Xan ten a vantaxe que a súa billarda está fronte ao varal mentres as dos outros palanadores están bastante anguladas. Nun golpe a cinco metros do varal Xan consigue que a súa billarda supere a liña de chegada. Miguel ten posibilidade de empatar a carreira, pero o seu golpe só consigue centrar a billarda e poñela nunha posición cómoda para entrar no seguinte golpe. Oscar está nunha posición complicada para embocar e igualar a Xan. A presión de non poder fallar fai que erre o golpe. Guillermo avanza un pouquiño máis, aínda que dun xeito insuficiente para entrar. Adán ten agora dificultades para levantar a billarda do chan e mantense a moita distancia do varal. Miguel entra no seguinte golpe e nin Oscar nin Guillermo consiguen empatarlle. Adán está ancorado na difícil superficie boliviana sen poder avanzar. Oscar que sempre mantivo vantaxe sobre Guillermo vese sorprendido polo boliviano e non consigue acceder ao pódium.

O pódium: Xan, Miguel e Guillermo

O pódium: Xan, Miguel e Guillermo

Continuaremos informando…

Máis información sobre a billarda en O VARAL

Bienvenid@s! Welcome!

Hola a tod@s!

Hoy se inicia este blog sobre el municipio de Sorata, en Bolivia, y sus alrededores.Con él pretendemos dar a conocer un poco más esta región boliviana del departamento de La Paz.

Sorata

Todo el mundo está invitado a colaborar. Si tienes algún dato o información que añadir a este blog (textos, fotos, vídeos, etc.), si detectas algún error, si quieres hacer cualquier pregunta o sugerencia, o si te apetece escribir algún artículo sobre tu experiencia en la zona, déjanos un comentario o escríbenos a sorata.info[ARROBA]gmail.com

Esperamos que la información aquí publicada te pueda ser útil.

Bienvenid@! 😉